ATOPEL
Tratamento
veterinario
natural
Barros termais para o coidado da pel, músculos e articulacións de cans e gatos.

Programa EMEGA
Fomento do emprendemento feminino
Secretaría Xeral da Igualdade
Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Conseguir formación e un emprego de calidade
O FSE Inviste no teu futuro

Calma o proído
e a dor
Controla os malos cheiros freando o sobrecrecemento bacteriano e a seborrea
Con efectos a longo
prazo
Ideal para casos crónicos para diminuír medicación e recaídas
![]() |
Científicamente comprobado |
![]() |
Non testado en animais de laboratorio |
Doada aplicación
e limpeza
Antiinflamatorio, rexenerador e cicatrizante
Complementario
con outras terapias
Sen efectos adversos nin tensions para o animal
Idea
Veterinatura desenvolve a súa actividade no eido de tratamentos naturais en veterinaria, cun enfoque innovador, utilizando os valiosos recursos que a natureza nos brinda, coa inquietude de poder dar un servizo veterinario respectuoso co medio ambiente.
Existen numerosos mananciais de augas mineromedicinais con diferentes propiedades e unha grande variedade de plantas medicinais que achegan infinidade de posibilidades terapéuticas.
A utilización de augas termais remóntase á Prehistoria. O descubrimento de moitos mananciais de augas termais foi grazas á observación de animais sanando neles as súas doenzas, no caso da Toxa, un burro enfermo alí abandonado. Eles utilizan auga e barro de forma instintiva.
Idea
Queremos conservar esta grandiosa riqueza física e cultural da que gozamos, por iso traballamos con materiais naturais, sen efectos indesexabeis en pacientes, de agradable aplicación, sen molestias para o animal.
Noso peloide ATOPEL está composto de arxilas de calidade superior, avea e augas termaies que, tras un adecuado proceso de elaboración, consigue unhas eficaces propiedades terapéuticas e termoterápicas para numerosas afeccións en traumatoloxía e dermatoloxía.
Útil como apoio doutras terapias, en procesos crónicos, para diminuir medicación e recaídas, en períodos de descanso da medicación, cando existan contraindicacións, etc.toms, etc.

Properties
Reforza a barreira dermatolóxica. Moi útil en peles delicadas, atópicas e en estados descamativos, controlando o proído e a proliferación de bacterias que xeran malos cheiros.
O seu efecto calmante fai que diminúan as autolesións por rañado.
Controla a dor actuando sobre mediadores da inflamación en articulacións, sendo unha axuda en rehabilitación coa súa acción relaxante e desconxestionante que mellora o benestar animal.
Absorbe tóxicos e contaminantes, beneficioso en animais urbanos.
desodorizante
calmante
detoxificante
mellora calidade de vida
Aplicación
Uso tópico.
Aplicar a temperatura ambiente o lixeiramente frío. Poñer unha xenerosa cantidade se é unha lesión grave, ou basta unha pequena cantidade se é para o proído entre os dedos, feridas superficiais, etc.
Para lesións postraumáticas, postquirúrxicas ou cando se manifesten síntomas de enfermidades dexenerativas como artrose ou displasias, pódese quentar en microondas ou baño maría ata un máximo de 40ºC.
Pódese retirar unha vez transcurridos de 12 a 30 minutos con auga ou pano húmido.
Tamén se pode estender interpoñendo gasa fina para facilitar a súa retirada e limpeza.
Non é perigoso por inxestión en pequenas cantidades.
Para mellorar a calidade de vida en procesos crónicos, recoméndase o seu uso diario durante 2 ou 3 semanas, canda menos 2 veces o ano, segundo a severidade do proceso.
|
"Acougoulle o picor, así de relaxada como está agora cada día, só a viamos unha vez ao mes"Tania, dona de Lana. |
![]() |
"Máis que contentos, recomendado 100%, mil grazas”Rodri, dono de Runi. |
![]() |
"Dende o primeiro día de tratamento, o prurito podal, que non respondía os fármacos, baixou de 9 sobre 10 a 0"Goreti, dona de Lily |
![]() |
"Foi moi eficaz, cun só bote tratamos 2 dermatitis, os donos quedaron encantados"ALICIA, Clínica Veterinaria TuCan Vigo |
Servizos
Local con número de rexistro HCM- MUZ 10.170 para elaboración e venda de zoosanitarios. Distribución de ATOPEL ( N° Rex. 10240- H) para a súa venda en clínicas veterinarias e comercios do sector.
- Aplicación “can-nalizada”, pola veterinaria promotora, Olga Gómez (colexiada PO-794) en establecementos asociados.
- Consultoría e asesoramento para centros que desexen implementar servizos termais para animais.
- Desenvolvemento de tratamentos termais para gandería.